A temporada de natación comezou da mellor forma posible para o Club Natación Boiro. Novembro deu paso ao inicio da competición a nivel galego, pero nese mes que vén de rematar o conxunto boirense xa tivo unha cita de gran nivel: a Copa de España de Clubs celebrada en Pontevedra. Na que os nadadores do equipo firmaron un gran papel.