O rugby ten o seu espazo unha temporada máis na comarca. O Barbanza Rugby compite un ano máis na Segunda División da Liga Galega Sénior Masculina, onde comparte grupo con catro equipos máis. Ata o momento disputáronse cinco xornadas desta campaña, unha na que os rianxeiros non competiron ao ter que descansar. O balance polo de agora non é o mellor para o conxunto barbanzán xa que conta os seus catro encontros disputados por derrota.