Aparece en bo estado de saúde o veciño de Balteiro (Boiro) desaparecido dende o martes

Raúl San Martín Cerquides faltaba da súa casa dende o pasado martes 18 de outubro, a súa muller e algún veciño vírono por última vez ao redor das 2 da tarde en Balteiro, onde reside, dende entón perdíaselle a pista. A mañá da súa desaparición o home saira a apañar un pouco millo para un veciño, tamén pasou pola casa a deixar un repolo, e logo saiu sen dar mais explicacións á muller. A familia de Raúl San Martín estaba moi preocupada, temendo que puidera pasarlle algo. O home comezaba a ter episodios de desorientación, esta non é a primeira vez que falta da súa casa, houbo outra ocasión en que o home quixo ir a Boiro e se desorientou, sendo localizado pola Garda Civil preto do tanatorio.

A garda civil montou dende onte un operativo de búsqueda entre os lugares de Balteiro e Lidón, un dispositivo ó que esta mañá se uniron cans do sevizo cinolóxico, tamen os veciños dos arredores se organizaron en grupos para facer búsquedas, precisamente foi un veciño quen o atopaba arredor das 5 da tarde. O home estaba desorientado e foi trasladado a un centro de saúde para ser sometido a unha revisión médica, onde certificaron que se atopaba en bo estado de saúde. Xa descansa coa familia na súa casa.

https://www.youtube.com/watch?v=OkBedX2sZvA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.