O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo , no IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña e no Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.