Muros

O BNG demanda un novo plan de residuos para GALICIA

A portavoz do BNG e do grupo parlamentario, Ana Pontón visitou hoxe en Lousame o lugar previsto para o futuro vertedoiro de residuos industrias, acompañada do deputado, Xosé Luís Rivas, (Mini), concelleiros e concelleiras de Brión, Muros-Noia e a comarca do Barbanza, mantivo un encontro cos veciños e veciñas aos que trasladou o apoio do BNG contra a instalación do futuro vertedoiro así como a presentación de iniciativas no Parlamento galego.

A portavoz nacionalista manifestou ante os medios de comunicación que a “A Xunta está a incumprir a lexislación” , reiterou a oposición do BNG a novo vertedoiro de Lousame e defendeu as plantas comarcais de compostaxe como modelo de xestión sustentable de residuos que poderían crear 2.000 empregos en Galiza. Todos son vantaxes e o que non entendemos, dixo, e que a Xunta non faga nada ante un problema tan grave.

https://www.youtube.com/watch?v=_F5snWdiIas

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.