O pasado mes de agosto faleceu en Zumaya (Guipúzcoa) o pai Joseba Beobide, sacerdote que deixou a súa pegada en Boiro a través dos mariñeiros da comarca que traballaban en Terranova, un dos destinos do sacerdote. Este domingo o porto de Escarabote acolleu unha sentida homenaxe na que participaron veciños e familiares de Beobide, un acto que realizou nun lugar no que unha das súas rúas ten o nome do sacerdote vasco. Alí volveu a súa inseparable bicicleta e dende o domingo loce tamén unha placa na súa memoria.




