Como cada 25 de novembro, mañá se conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Algúns dos municipios da comarca adiantaron os seus actos que se celebraron hoxe. En Ribeira o punto de encontro foi a praza de España onde se citaron diversas asociacións do concello e a comunidade educativa. O alumnado recordou ás vítimas por esta violencia no último ano mencionando os seus nomes e colocando unha dorna por cada unha delas para renderlle homenaxe.
MORADO NAS RÚAS DA COMARCA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


