Ribeira e Porto do Son como exemplo de colaboración entre concellos

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda reiterou hoxe a importancia da colaboración entre Administracións en beneficio dos cidadáns da nosa comunidade. Alfonso Rueda, visitou as obras que se están a realizar entre os concellos de Ribeira e Porto do Son ao abeiro da Orde de Infraestruturas da Vicepresidencia pola cal se mellorara o vial que comunica os lugares de Gándara, na parroquia de Oleiros (Ribeira) e o de Campo de Patas, na parroquia de San Pedro de Muro (Porto do Son). O vicepresidente da Xunta en funcións realizou un percorrido a pe por dita estrada acompañado polos alcaldes de ambas localidades, Manuel Ruíz Rivas e José Luis Oujo, e varios membros das distintas corporacións locais.
Este ano foron destinados a esta orde máis de 5 millóns de euros, que permitiron subvencionar 172 proxectos repartidos por todo o territorio galego, que redundan directamente no benestar dos cidadáns, grazas tamén á colaboración entre Xunta e os concellos e dos propios concellos, xa que así é posible levar a cabo pequenas obras, que sen estas axudas sería moito máis difícil acometer.

O proxecto que conta cunha axuda da Vicepresidencia de preto de 50.000 euros enmarcase na orde de infraestruturas da Xunta, que ten como principal obxectivo mellorar as condicións de vida dos veciños, coa mellora das dotacións e equipamentos destinados á prestación de servizos municipais. coa ampliación de 1 metro a plataforma de rodadura –pasa de 5 a 6 metros- e coa mellora o firme actual, que estaba moi deteriorado polo elevado tráfico que soporta e as abundantes chuvias do inverno; o que supón un perigo para a circulación rodada. Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son agradeceron a colaboración da administración autonómica.

https://www.youtube.com/watch?v=G_eXGIO2f8w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.