O Pleno Municipal de Brión aproba opoñerse á instalación dun vertedoiro en Lousame e pídenlle á Xunta que faga unha achega para ampliar a planta de compostaxe

A unanimidade caracterizou a sesión plenaria ordinaria de outubro do Concello de Brión, onde se aprobou unha proposta do BNG para opoñerse á instalación dun “Centro de Xestión Ambiental que en realidade agocha un vertedoiro de máis de 700.000 toneladas”, explicou Xosé Luís Penas Corral. O alcalde de Brión, José Luís García, apoiou a moción nacionalista, “especialmente despois de ler o informe do técnico municipal de Lousame que inclúe defectos incribles no proxecto”.

Porén, García solicitou engadir un segundo punto á moción pois “ademais de opoñernos á instalación do Centro de Xestión Ambiental promovido pola empresa Gestora de Residuos del Noroeste SL, queremos solicitar o mantemento da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos da Mancomunidade e engadir que se cumpra a Lei de Residuos de Galicia e se acheguen cartos para ampliar a planta de compost”. O engadido foi admitido e a moción se aprobou por unanimidade.

https://www.youtube.com/watch?v=GTe1bzDoIf0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.