jueves, septiembre 28, 2023

Seis compañías profesionais e un grupo afeccionado na mostra de teatro 2016

A mostra de Teatro de Ribeira presenta unha escolma das mellores montaxes que se están a representar en todos os escenarios da nosa comunidade e incluso en territorio nacional, así a presentou a concelleira de Cultura, Fabiola García. A Mostra arranca o 21 de outubro coa posta en escea da compañía Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña de Narón, Este ano por primeira vez cóntase coa participación dunha compañía de fora de Galicia, Pez en Raya, da coñecida actriz ,Cristina Medina.

Cabe destacar a calidade das obras que se van representar nesta edición, algunhas delas galardoadas con premios María Casares do Teatro Galego, como é o caso de Ilmaquinario Teatro con Perplexo, cinco premios María Casares 2014, entre eles mellor dirección e mellor espectáculo ou Redrum con Noiteboa co premio María Casares a mellor actriz protagonista, Mela Casal, en 2015.

Como é habitual, as funcións levaranse a cabo no Auditorio Municipal e levarase a cabo todos os venres dende o 21 de outubro ao 2 de decembro, ambos os dous incluídos, no horario de costume, ás 21.30 horas. As entradas (dúas por persoa) poderán ser recollidas media hora antes de cada función e son de balde ata encher aforo.

https://www.youtube.com/watch?v=eA7EJlDoXSQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.