Na Primeira División Galega Arzúa Ulloa, o Noia feminino volveu a sumar un punto, aínda que podería dicirse que perdeu dous nos últimos compases do duelo ante o Escuela Amistade. Con este novo empate, as brancas acumulan cinco puntos no seu haber e seguen últimas na clasificación a cinco puntos da permanencia.