Ver a vida, os momentos, a través dunha cámara para deixalos gravados en forma de imaxe. Esta é unha das paixóns de Manuel Rodríguez Pena que este venres inaugurou a súa mostra titulada “Baixo o ceo e sobre o mar”. Preto de medio cento de fotografías compoñen a exposición nas que as paisaxes mariñas, o ceo, as ondas ou os amenceres son protagonistas.