Deportes

ALBERTO MEIRA CONQUISTOU O RALLY RIBEIRA-RÍA DE AROUSA

Ribeira, A Pobra, Rianxo e Boiro viviron unha emocionante fin de semana protagonizada polo Rally Ribeira-Ría de Arousa. 153 vehículos déronse cita nesta competición coa que se pechou o Campionato de Galicia de Rallyes. O sábado foi a quenda dos tramos de Boiro e Rianxo, onde a dupla formada por Alberto Meira e Avelino Martínez firmou o mellor tempo no seu Skoda Fabia. Con esa vantaxe ante os seus rivais comezaron a última xornada na que a carreira se trasladou a Porto do Son e Ribeira. O piloto ofreceu un recital e pechou o seu triunfo avantaxando en máis dun minuto aos segundos clasificados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.