O atletismo tamén tivo o seu protagonismo na comarca nunha fin de semana chea de actividades deportivas. Rianxo encheuse onte de corredores logo de ter que adiar a Carreira Popular Concello de Rianxo prevista para o pasado 1 de novembro polo mal tempo. As rúas do municipio enchéronse de amantes desta disciplina e de veciños que se achegaban a ver e animar aos centos de corredores que participaron na proba. Moitos corrían na casa, pero os vencedores desta novena edición foron Hugo García, do RC Celta Atletismo, e Rebeca Mariño, do Beste Iruña.