Tras un estudo minucioso do informe técnico remitido dende a Consellería ó concello de Lousame a alcaldesa Teresa Villaverde informou esta mañá sobre graves erros que se recollen no proxecto,
un deles, é que o informe non contempla os mananciais que existen na contorna do terreo onde pretende instalarse a planta, tampouco recolle a existencia de captación de augas.
No proxecto tampouco se recollen medidas correctoras no caso de que aconteza un fallo de impermeabilización, algo que preocupa á rexedora.
Non só non se teñen en conta as canalizacións subterráneas, senón que so hai un punto de vertido, o que podería provocar erosión en caso de choiva.
Teresa Villaverde destacou que non se respeta o medioambiente, nen o terreo, nen a protección da paisaxe. Non se realizou un estudo pormenorizado da flora e fauna da zona, A comisión considera necesario a realización dunha auditoría ambiental, xa se puxeron en contacto cunha empresa para realizala e remitila canto antes á Xunta.
https://www.youtube.com/watch?v=y1_38tlsUIM