A avespa velutina segue coa colonización da Barbanza, onde cada vez se retiran mais niños deste insecto.

A velutina xa está expandida por toda a comarca. Os niños son feitos de papel, tras masticar a madeira e elaborar as fibras elas mesmas. Son redondos cun orificio de entrada nun lateral. Poden ter varios tamaños, e mesmo chegar ó metro de longo e 80 centímetros de diámetro, cada reina comeza construíndo un pequeno niño, do tamaño dunha laranxa, se ve que a zona é idónea constrúen un niño secundario, maior que o anterior, onde poden vivir ata 150 raíñas e miles de avespas. Este soen construílo no mes de xuño, en setembro o niño xa acada un tamaño maior, a partir de outubro as avespas comezan coa fecundación e a posta de ovos. En febreiro as femias sairán para construír novos niños. Protección Civil é a encargada da retirada de niños en todos os concellos da comarca.
En Porto do son foi retirado un niño de considerables dimensións que se atopaba pendurado nunha maceira, no lugar de Cans. Onte mesmo retiráronse outros tres en diferentes lugares.

https://www.youtube.com/watch?v=5n-tpT3DI3M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.