A emoción da Primeira Galicia volverase a vivir na comarca logo dunha xornada que se desenvolveu lonxe dos campos barbanzáns. E xogaranse partidos que definirán a clasificación como o duelo directo polo primeiro posto que protagonizarán o Puebla e o Flavia. O Unión quere mirar novamente para a parte alta da táboa polo que precisa gañar ante o Tordoia. O Valiño mídese ao Estrada mentres que a Esteirana recibe a visita do Agolada.