Máis dun ano levaba a veciñanza de Corrubedo demandando un médico a tempo completo. Unha loita incansable que se salda agora coa incorporación dunha profesional, que atenderá todos os días no centro de saúde desta parroquia ribeirense.
CORRUBEDO LOGRA UNHA MÉDICA A TEMPO COMPLETO NO CENTRO DE SAÚDE GRAZAS AO TESÓN DA VECIÑANZA


