O Noia Portus Apostoli tiña onte unha proba de lume no Agustín Mourís. O descenso estaba a só un punto polo que gañar era imperativo para afastarse da zona perigosa da táboa. Ademais o duelo era ante un rival directo como o Ribera Navarra. E os noieses amosaron unha gran dose de compromiso, actitude e esforzo para deixar o triunfo na casa. Unha vitoria moi traballada por 2-1 que dá tres importantes puntos aos noieses.