Despois dunha fin de semana sen fútbol gaélico, regresa a competición nesta disciplina polo que se disputará a quinta xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico Masculina. O Galicia Bealo Lorchos afronta este novo encontro con ilusión xa que despois de medirse a tres rivais moi duros comezará “a súa liga” ante equipos que teñen as súas mesmas aspiracións. Visitarán o campo do Independiente, polo que será o primeiro choque que xoguen lonxe de Vista Alegre.