O colectivo de bombeiros das comarcas, que leva en folga dende o pasado 15 de xuño, deron un paso máis nas súas demandas dun convenio digno e entre outubro e novembro concentráronse ante as deputacións provinciais de Galicia. Reclaman unha mellora das súas condicións laborais, para desenvolver con garantías o seu traballo, pero as negociacións están rotas.