A Primeira División Galega Arzúa Ulloa viviu esta fin de semana a súa novena xornada na que o Noia feminino rachou a súa xeira negativa e puido sumar un punto ante un bo rival. O anexo do Julio Mato acolleu o encontro entre as brancas e o Umia “B”, un choque cheo de emocións que se decidiu nos últimos compases.