Novas testemuñas declaran ter visto unha moza parecida a Diana quer subirse nun coche no porto de Taragoña

A investigación da desaparición de Diana Quer podería ter un novo rumbo tralas últimas declaracións de testemuñas que afirman ter visto unha moza de características similares á moza madrileña desaparecida o 22 de agosto en A Pobra, segundo publica o xornal La voz de Galicia. As novas testemuñas apuntan que aquel 22 de agosto, entre as 3 e as 4 da madrugada viron a unha moza con parecidas características chegar nun vehículo cun individuo e logo subirse ó vehículo doutro home que estaba estacionado no Porto de Taragoña. Pouco máis se sabe sobre isto dado que as testemuñas aparecidas agora marcharon minutos despois do lugar. Cabe lembrar que é, precisamente, nesta zona onde se perdeu a sinal do teléfono móbil da rapaza. O pasado 9 de setembro preto dun cento de axentes da Garda Civil realizaron unha búsqueda exhaustiva neste lugar e arredores, de cuxo resultado nada trascendeu.
A investigación prosigue baixo segredo de sumario.
A xuíza encargada da instrución do caso dende o xulgado de Ribeira , María de las Nieves del Corral foi destina a Betanzos nas últimas semanas, polo que será unha nova maxistrada a que se encargue de continuar co caso.
Faltan tres días para que venza o segredo de sumario, que podería prorrogarse.

https://www.youtube.com/watch?v=-iNqbE7IDgA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.