Levar o coche ao taller é unha práctica habitual para ter un bo mantemento do automóbil. Sen embargo nos últimos tempos o volume incrementouse considerablemente xa que a xente non cambia de vehículo con tanta asiduidade como hai anos. Polo que a antigüidade dos coches obriga a aumentar o número de visitas ao taller.