Como cada 14 de novembro, hoxe conmemórase o Día Mundial da Diabetes. Nesta data sinalada búscase dar visibilidade e concienciar sobre a diabetes. O concello de Ribeira foi o epicentro dun acto no que o Goberno municipal e a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, Anedia, uniron forzas para dar relevancia a esta doenza.