O concello impulsa a renovación dos bombeos do porto para solucionar problemas na condución de augas residuais

O Concello de Riveira deu luz verde a unha acción destinada a ofrecer solución ás deficiencias detectadas na canalización de augas residuais no interior do porto de Santa Uxía.

Así, a xunta de goberno local aprobou a adxudicación dunha nova actuación pola cal a estación de bombeo de augas residuais será renovada. A realización dos traballos recaeu conforme o proceso de licitación realizado na empresa Viaqua por un importe de 13.100,44 euros, IVE incluído.

Os labores que se van efectuar inclúen a instalación de dous novos bombeos de augas residuais (marca Sulzer), a reparación do cadro eléctrico (substituíndo contactores, controis de nivel e cableado), a colocación dun cestón de grosos en aceiro inoxidable e a ampliación do oco para a saída das bombas, incluída a substitución da tapa de rexistro e fundición.

Cómpre lembrar que o Concello ocúpase do mantemento do sistema de bombeos na área portuaria en virtude dun convenio subscrito co ente público Portos de Galicia no mes de marzo de 2011.

https://www.youtube.com/watch?v=Eqw71vStaF4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.