O CEIP Santa Baia viviu hoxe unha xornada diferente. O seu pavillón encheuse de membros dos diferentes grupos da Garda Civil que amosaron en Boiro aos máis pequenos os medios cos que velan polo benestar da sociedade. Pero ademais tiña un carácter solidario xa que se recolleron 600 kilos de alimentos destinados a Cáritas Boiro.