A chuvia non impediu que decenas de persoas arrouparan este venres á boirense Ana Lojo Chan na presentación do seu novo libro, o segundo tras “Marea morta”. Sen embargo en “5” pásase ao verso para afondar en diferentes emocións que narran unha viaxe por diferentes estados de ánimo nos que pasa da tristeza e melancolía á felicidade.