Máis dunha trintena de persoas lanzáronse á caza dos cogomelos na Pobra esta fin de semana. Aínda que as condicións meteorolóxicas non foron as mellores, pola zona de Cabío nas inmediacións do Campo da Alta a veciñanza puido coñecer as especies que máis abundan no territorio.