Esta fin de semana o Noia Portus Apostoli desprazouse ata as Baleares para disputar a décima xornada da Primeira División. Era unha das saídas máis complexas da liga xa que se medía ao Mallorca Palma Futsal, un dos equipos máis potentes do campionato e campión de Europa. Os noieses amosáronse moi serios en Son Moix, apertando aos mallorquíns que tiveron que empregarse a fondo para sumar tres novos puntos nun encontro moi rifado que se acabaron levando por 2-1.