Os motores comezarán a ruxir con forza esta fin de semana na comarca do Barbanza. Por terceiro ano vivirase a emoción das catro rodas coa celebración do III Rally Ribeira-Ría de Arousa, proba que pechará esta nova edición do Campionato Galego de rally de asfalto. Nesta ocasión participan 153 coches que percorrerán diferentes zonas de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo en dúas etapas que se celebrarán os días 18 e 19




