O mes de decembro é sinónimo de deporte en Lousame, mes no que se celebra o xa tradicional Trail do municipio fixado para o vindeiro 31 de decembro. Un ano máis tamén haberá pequetrail, proba que se desenvolverá o 13 de xaneiro e a andaina solidaria Belén de Cumes que se celebrará o 23 de decembro.