Esta fin de semana íanse disputar tres encontros da Liga Galega de Fútbol Gaélico pero o temporal só permitiu que se xogara o duelo do Galicia Bealo Lorchos ante o Keltoi Vigo “A”. Os boirenses seguen sumando experiencia na competición, na que polo momento non coñecen a vitoria. Nesta cuarta xornada, os do Barbanza perderon de forma avultada ante o Keltoi Vigo “A” que tomou Vista Alegre por 2-40.