O sector do cerco vive duros momentos co peche provisional da pesqueira da sardiña e o baixo prezo do xurelo. O vicepresidente da asociación de Cerqueiros Galegos e presidente de cerqueiros do Barbanza criticou esta mañá que á administración lle leve unha semana facelo reconto para coñecer se poden volver pescar sardiña ou non. Moitas embarcacións do cerco do Barbanza xa marcharon para o Pais Vasco ante o peche provisional da sardiña co fin de continuar a pesca desta especie en augas francesas, mentres os que continuan aqui seguen pescando xurelo, pero os prezos son baixos.
https://www.youtube.com/watch?v=GvdahBObXnI