Esta mañá inaugurouse en Santiago o V Congreso Internacional CIOS da Asociación para o Progreso da Dirección, acto no que participou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda. Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou a capacidade de Galcia para impulsar a innovación e as tecnoloxías avanzadas que converteron á comunidade en “pioneira” e referente na aplicación dixital en diferente eidos, como a sanidade ou a educación.