Para homenaxear as persoas que sufriron represalias durante o franquismo, o Concello de Ribeira presentará a nova escultura da noiesa Soledad Penalta este venres ás 20 horas no Malecón. Un acto que busca recoñecer as vítimas que loitaron pola liberdade.