A Primeira Galicia segue o seu curso e esta fin de semana disputouse a décima xornada, unha das mellores para os equipos da comarca enmarcados no grupo Costa/Santiago xa que todos puntuaron. O Puebla segue firme no liderado logo de gañar ao Baio, o Unión ascende na táboa despois de vencer ao Cruces. Tamén sumou de tres o Valiño, que se impuxo ao Agolada mentres que a Esteirana empatou co Cordeiro.