Tamén houbo xornada entre semana na Primeira Galicia, encontros que deixaron resultados de todas as cores para os equipos da comarca encadrados no grupo Costa/Santiago. O Puebla empatou na súa complicada saída á casa do Negreira, o Unión impúxose con solvencia ao San Lorenzo, pero a Esteirana e o Valiño seguen sen puntuar tras caer ante o Baio e o Flavia.