Cunha achega da Deputación de A Coruña de 50.000 euros estes días estase a realizar a ampliación das gradas e os vestiarios do campo de fútbol de Barraña, en Boiro. O campo de fútbol boirense precisa estar á altura do seu primeiro equipo, o Boiro, que xoga en Segunda B, cada vez son mais os afeccionados que se achegan a presenciar os partidos de futbol do Boiro, e o graderío quedábase pequeno. A intención do concello é que se amplíe ata lograr un aforo de 3000 persoas.
https://www.youtube.com/watch?v=SeL7xptIXwk