Coa entrada de novembro son moitos os que ven cada vez máis preto o Nadal. Retíranse as decoracións do Samaín para dar paso ás árbores de Nadal e ás luces que deixan entrever a proximidade desta celebración. A Concellería de Promoción Económica da Pobra leva tempo preparando o Nadal, polo que esta fin de semana realizará a súa primeira actividade pensada para a hostalaría e o comercio.
DECORACIÓN PARA A HOSTALERÍA E O COMERCIO DA POBRA. O CONCELLO DESENVOLVERÁ UN TALLER VERMÚ DE ENGALANAMENTO PENSADO PARA O NADAL


