Xa é historia. O duelo copeiro vivido na noite de onte entre o Boiro e o Mallorca pasa a formar parte dos anais do conxunto do Barbanza. A xente do municipio respondeu e encheu as gradas de Barraña, a pesar do mal tempo que se coou na cita histórica. A ilusión do Boiro contrarrestouna o Mallorca coa súa calidade nun encontro que se levaron os baleares por 0-4, pero no que o conxunto local se deixou a pel.