O Concello de Ribeira vai dotar de beirarrúas á rúa que da acceso á praia de Rio Azor, en Palmeira, así o acordou en xunta de goberno local.

A empresa que resultou adxudicataria no proceso de licitación é Río Sieira, S.L., cunha proposta económica de 36.364,79 euros, IVE incluído. O prazo de execución é de dous meses. A obra consiste na dotación dun tramo de 300 metros de beirarrúas nunha calzada con dous carrís de circulación, na que a área destinada a peóns é de terra, coas conseguintes molestias en forma de charcos ou maleza.
O obxecto do proxecto técnico elaborado reside en mellorar a seguridade viaria outorgando protagonismo ao tránsito peonil. Así e logo, reordenarase a zona de paso para peóns dotándoa dun tramo de beirarrúa a base de baldosa hidráulica con dimensións de 33×33 centímetros e bordillo prefabricado de formigón de 100x30x15 centímetros. Preténdese acadar un ancho mínimo de 1,50 metros. Ademais, os sobreanchos serán pavimentados nas dúas marxes.

Previo á construción da infraestrutura, realizaranse traballos de desmonte a aporte de material de recheo para alcanzar as rasantes axeitadas nas zonas indicadas.

O investimento conta co financiamento da Dirección Xeral de Turismo de Galicia, ao abeiro da Resolución de 19 de febreiro de 2016.

https://www.youtube.com/watch?v=VqyCLU-OuhM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.