O Pazo de Goiáns encheuse para a presentación do libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”, do boirense Alberto García. Trátase dunha recompilación de reflexións duns 150 profesionais do sector e 12 colaboracións específicas de persoa que participaron nas xornadas organizadas pola Deputación e chamadas A Cultura é un dereito. Un traballo que García defende como manual de actuación para afrontar retos da actualidade do mundo da creación.