Esta mañá a mobilización dos bombeiros comarcais realizouse fronte á sede da Deputación da Coruña. Centenares de profesionais se concentraron na Avenida Porto da Coruña cun obxectivo: retomar as negociacións coas administracións para que os profesionais conten cun convenio laboral digno. A protesta desenvolveuse sen incidentes e os bombeiros, vestidos coas súas roupas de traballo, amosaron a súa forma de reivindicar as súas peticións.