A Superliga2 continúa polo que esta fin de semana o Rotogal Boiro Voleibol contará cunha nova oportunidade de sumar tres importantes puntos. Os brancos regresan á Cachada tras dúas xornadas defendendo os seus intereses lonxe de Boiro, viaxes nas que trouxeron unha vitoria e unha derrota. Nesta cuarta xornada, o conxunto adestrado por Adrián Alves terá unha empresa complicada xa que se mide ao Universidad Valladolid, terceiro clasificado do Grupo A.