O centro de emprendemento de Rianxo xa está rematado, con catro salas dispostas para acoller os proxectos dos emprendedores. Realizado cunha achega da Deputación da Coruña acondicionouse a primeira planta da aula activa do mar para crear o centro de emprendemento, onde haberá espacio para instalación de 4 empresas de nova creación.
Dende o Concello de Rianxo intentan favorecer o emprendemento como unha saída laboral, xa traballan na elaboración dun regulamento para usar estas instalacións e favorecer ás pequenas empresas. Dito regulamento será aprobado a finais do mes no Pleno pola corporación local.
Dende o concello de Rianxo vaise ofrecer tamén un servizo de asesoramento, para comprobar a viabilidade dos proxectos, polo que animan a todas as persoas que teñan unha idea para comezar un proxecto empresarial a informarse.
https://www.youtube.com/watch?v=Av8vVVwaVXM