Un veciño de A Pobra pide un endurecemento das penas ante a reincidencia dos cacos habituais

Canso de ser vítima de varios roubos, este vendedor da ONCE, puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas e mesmo está a promover unha manifestación en A Pobra coa finalidade de pedir un endurecemento das penas, para que os delincuentes paguen polos delitos que cometen. O mesmo pedía semanas atrás o presidente dos empresarios de A Pobra ante o aumento de roubos en locais comerciais.

Benjamín Garrido sufriu varios roubos, os delincuentes, aproveitándose da súa cegueira, téñenlle roubado cupóns, mais nas dúas ultimas ocasións, roubáronlle a recadación do día, sucedeu en agosto, e dende entón atópase de baixa por ansiedade, ó non saír tranquilo a traballar.

A manifestación realizarase o mércores 12 de outubro, con saída ás 12 do mediodía dende casa consistorial da Pobra onde se dará lectura a un manifesto.

https://www.youtube.com/watch?v=0MUydAyA0oU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.