O pasado luns a campaña de libre marisqueo abria na Ría de Arousa marcada polas baixas capturas e os baixos prezos, as capturas non melloraron, pero sí o fixeron os prezos, así en Rianxo o berberecho pasou de 2,85 a 3,70 euros.
O que continúa mal é a producción, na primeira semana de traballo faise difícil, cando non imposible, tomar os topes. Sobre a existencia de berberecho nos Lombos do Ulla, os mariscadores parecen andar na busca do tesouro perdido, porque apenas atopan produto de bo tamaño, algúns mariñeiros collen os 15 kilos de tope, pero da a talla raspada. Os mariscadores quéixanse tamen da pouca cantidade de ameixa que atopan.
A maioría de mariscadores repártense entre os bancos do Bohído, Cabío e Lombos do Ulla.
https://www.youtube.com/watch?v=zKSfxkGCW9M