A Exposición «Dende a Serra da Barbanza ó servizo de España» amosa na casa de cultura de Porto do Son a historia do Eva 10

Organizada polo persoal do Eva 10 e o Concello de Porto do Son, a mostra recolle a través de imaxes os 30 anos de historia do asentamento do EVA 10 no monte Iroite. Elaborada por persoal do EVA 10 co seu propio arquivo fotográmico esta mostra trata de achegar ós veciños e veciñas da Barbanza a principal misión das forzas armadas.
O comandande xefe destacou os lazos que unen a Porto do Son con esta Unidade das forzas armadas, o bo entendemento cos veciños da zona e a necesidade de amosarlles tamén o traballo que se realiza dende o alto do Iroite. Un traballo que pode verse en moitas ocasións colaborando coa xente, como sucedeu no caso do afundimento do Prestige, ou na vixilancia dos montes.

O comandante xefe fixo entrega dunha metopa coa insignia da Unidade á Tenende de alcalde de Porto do Son María Maneiro, que agradeceu a colaboración do exercito do aire.

A exposición pode visitarse ata o 30 de outubro na casa de cultura de Porto do Son

https://www.youtube.com/watch?v=UCcqUEjg3Uk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.