Do 13 ó 16 de outubro Ribeira será o punto de encontro para un cento de afeccionados á rede, coa celebración da Lan Party UxíaNet 2016. un evento xa consolidado cando alcanza a sua 6º edición. Para falar dos detalles deste evento participaron a concelleira de cultura, Fabiola García, e representantes da asociación Birus, Gustavo Llovo e Fernando Ferro. A novidade deste ano e a ampliación da celebración nun día, pasando de 3 dias a catro.
A festa que se celebra na casa da xuventude conta cun oco no panorama Galego dos festivais dirixidos a cibernautas, provistos dos seus equipos mozos e mozas de toda Galicia e mesmo de Sevilla ou Baleares, chegan a Ribeira para compartir coñecementos, xogar en liña, compartir ficheiros e actualizarse.
O programa destes catro días complétase con interesantes charlas que se impartirán cada dia a partir das 19:00.
https://www.youtube.com/watch?v=PJzGrjiuXiU